11/24/2008

POÑENDONOS A PUNTO CO MEIGA




Dende o comenzo desde curso 2008/09 a xestión da Biblioteca escolar lévase a cabo co programa Meiga.
.
.
.
¿Qué é Proxecto Meiga?

Ainda que nace como unha aplicación de xestión de bibliotecas e que esa é a sua misión principal non se debe olvidar que o proxecto alcanza outras dimensións como son as da automatización dos procesos de catalogación, préstamos, etc, normalización de datos bibliográficos, procesos de intercambio de información pola rede, e en definitiva a integración de nosas bibliotecas nunha rede e a incorporación delas na nova sociedade da información. Ve-la portada dun libro a consultar, escoitar un tema dun CD de música, ver un trailer dunha película, ler comentarios sobre un rexistro ou simplemente leer libros electrónicos en línea é unha realidad co MEIGA. O proxecto naceu no ano 1997, dirixido polo Centro Superior Bibliográfico de Galicia ca intención de crear un sistema básico, integral e único para a xestión de bibliotecas pertencentes á rede de bibliotecas de Galicia. De sinxela utilización e configurable polo usuario, cubre as necesidades básicas dunha biblioteca para catalogación, recuperación e préstamos, tamén adáptase a estándares de importación e exportación en formato MARC, ISBD, reservas, estadísticas, etc..., manexando todo tipo de ficheiros multimedia convírtese nunha atractiva ferramenta de consulta para o público e unha potente aplicación para o bibliotecario.MEIGA é executable en calquera ordenador que dispoña de sistemas operativos MS-DOS, Windows 95, 98, Me, 2000, NT, XP. Funciona tanto en monoposto como en rede, non habendo recorte no número de usuarios. MEIGA distribúese de forma totalmente gratuita, pola Dirección Xeral de Promoción Cultural, entrégase cun manual e dous programas para postos de consulta ó público: un para nenos e outro para o público en xeral. Co servicio de comunicacións integrado dentro do propio programa os usuarios teñen a posibilidade de acceder a redes virtuáis de bibliotecas, chats, mensaxes, conversas, comunicación co mantemento, consulta dos catálogos, incorporación de rexistros, etc., e todo en tempo real. O motor de búsqueda web e o editor dixital de bases de datos son outros dos productos MEIGA. Dada a súa flexibilidade e adaptabilidade está instalado en distintos tipos de bibliotecas: museos, fundacións, asociacións culturais, etc., pódese utilizar como ferramenta pedagóxica na aúla, en programas de fomento da lectura, contando cun amplo respaldo da Comunidade Educativa. A extraordinaria expansión que tivo esta aplicación dende o seu inicio, fai do PROXECTO MEIGA un proxecto único e orixinal da nosa comunidade autónoma e no resto de España.